Dentro das preocupacións da Fundación Juana de Vega atópase a “preservación da contorna natural e humano” principalmente en Galicia. Por iso convoca este concurso fotográfico para que poñades o voso obxectivo na paisaxe que vos rodea durante este verán 2016. Esta mirada sobre a paisaxe circundante percorrerá o territorio natural, urbano, cultural, etc, para comunicar o valor socioeconómico da paisaxe para cada un de nós e para a sociedade.
Como participar na #paisaxeé
Moi sinxelo, publica a túa fotografía ou fotografías de paisaxe en calquera dos seguintes medios, indicando a localización da fotografía.
· En twitter #pasaixeé
Publica coa túa conta ou contas de twitter unha fotografía por tuit cos hashtag #pasaixeé ,e opcionalmente, un texto complementario.
Fotografía + #pasaixeé + texto libre
· En Facebook #pasaixeé
Na entrada correspondente ao concurso poderás publicar coa túa conta ou contas de Facebook unha fotografía por comentarios cos seguintes #pasaixeé e o texto que estimes.
Fotografía + #pasaixeé + texto libre
· Na web da Fundación
Nos comentarios ao final desta mesma entrada poderás subir unha fotografía, indicando a localización e o que che suxire a mesma.
Fotografía + #pasaixeé + texto libre
Calendario
Poderás participar coas túas fotografías do 4 de xullo ao 4 de setembro 2016.
O fallo do concurso darase a coñecer no prazo máximo de dúas semanas desde a finalización do concurso. A resolución será publicada na web do Máster de arquitectura da paisaxe Juana de Vega, difundida a través das súas redes sociais e, se fose posible, mediante o envío de correo electrónico ao gañador.
Premios
Seleccionaranse as mellores fotografías para formar parte dun catálogo de libre acceso e descarga que estará aloxado na páxina web da Fundación Juana de Vega. Para iso contactará cos autores para co fin de solicitar o envío das fotografías con calidade suficiente para ser publicadas.
Establécense dous categorías de premios:
-Premio do xurado:
Un xurado formado por docentes do Máster de arquitectura da paisaxe Juana de Vega e por un fotógrafo profesional, que seleccionarán a fotografía gañadora. Os criterios de valoración basearanse en:
- Calidade paisaxista mostrada na fotografía
- Valor socioeconómico mostrado
- Aspectos estéticos
- Calidade fotográfica.
-Premio do público
Ademais do premio outorgado polo xurado, será premiada a fotografía con maior número de “interaccións” (“gústame/compartida e RT/favoritos”) de todas as publicadas tanto na web como nas distintas redes sociais habilitadas.
Dotación.
As dúas categorías do premio serán dotadas dun premio valorado en 250€ consistente en:
· Matrícula gratuita no Curso de Grafismo e representación da paisaxe o curso de iniciación ao Máster de arquitectura da paisajxe Juana de Vega (valorado en 100 €)
· E unha cesta de productos agroalimentarios galegos (valorada en 150 €)
Dereitos de imaxe e reprodución das obras.
A propiedade intelectual das fotografías será de cada autor e cederán os dereitos de reprodución exclusivamente para a realización da publicación e a súa difusión en RRSS. En todos os casos na publicación aparecerá o nome do autor das fotografía.
Aceptación das bases.
A participación no concurso implica a aceptación sen reservas destas bases e da decisión da Fundación Juana de Vega no que se refire á resolución de calquera cuestión derivada da aplicación das mesmas. |