Seminario Grafismo e Representación da Paisaxe. Setembro - Outubro 2016 |
![]() Como formación complementaria ao Máster Universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, a Escola Galega da Paisaxe oferta nos meses de setembro e outubro un seminario de 36 horas, destinado a completar os coñecementos previos dos alumnos axudándolles a profundar nas técnicas dixitais de representación gráfica, tanto para a creación e edición como para a composición dos diferentes recursos e imaxes que compoñen un documento destinado a expresar un proxecto paisaxístico. Ademais da alumnos do máster, o curso está aberto a todos aqueles estudantes ou profesionais interesados neste ámbito. O curso consta de dous módulos, a un prezo de 50 € cada un. ![]() Consulta toda a información do curso na web da Escola Galega da Paisaxe. Para calquera dúbida ou consulta, estamos á túa disposición en Esta dirección de correo electrónico está protesida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder verla , no teléfono 981.65.43.37 (de 9 a 15 h), ou nas nosas redes sociais: Facebook e twitter (poderás seguir todas a novidades a través do #MasterJdV) Se o desexas podes descargarche o programa completo do curso en PDF aquí. Esperámosvos! |
|
< Anterior |
---|
Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 | C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España