Aberta a inscrición para o Máster en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega 2016- 2017

O Máster Universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega ofrece unha formación especializada e multidisciplinar na planificación, deseño, xestión e conservación da paisaxe a diferentes escalas, nunha disciplina de crecente interese a nivel nacional e internacional, como é a Arquitectura da Paisaxe.

Trátase dun máster oficial impartido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade da Coruña (UDC), que conta coa colaboración da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega.

É o segundo ano que este máster ofrece a posibilidade de seguir a súa docencia ONLINE, e ademais, conta con 5 semanas de talleres presenciales nos que se traballará de xeito intensiva con expertos paisajistas de primeiro nivel internacional.

Doutra banda, a Fundación Juana de Vega ofrece 12 becas de matrícula de 800 € a alumnos desempleados.

O prazo de preinscrición está aberto na UDC a partir de hoxe, 23 de xuño, e na USC a partir do próximo 4 de xullo.

Consulta toda a información da nova edición na web.

Para calquera dúbida ou consulta, tesnos á túa disposición en Esta dirección de correo electrónico está protesida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder verla , no teléfono 981.65.43.37 (De 9 a 15 h), ou nas nosas redes sociais: Facebook e twitter (poderás seguir todas as novidade a través do #MasterJdV)

Si deséxalo podes descargarche o díptico en PDF aquí .

¡Esperámosvos!

 


< Anterior   Seguinte >

Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España