Materias de Especialización: Vexetación e material vexetal II


As competencias e capacidades que adquire o alumno nesta materia serán a continuación das competencias adquiridas na materia Vexetación e material vexetal I e especifícanse a continuación:

  • Coñecemento e identificación das especies arbóreas máis importantes, a súa utilización e manexo.
  • Capacidade para seleccionar o céspede máis adecuado para cada uso particular.
  • Capacidade para identificar e seleccionar o material vexetal en base a criterios de calidade
  • Capacidade para levar a cabo plantacións de árbores en diferentes contornas, así como o transplante de grandes exemplares que precisen unha recolocación.
  • Capacidade para avaliar as capacidades e limitacións dos chans en base a parámetros e medidas de uso común, así como para deseñar a secuencia de operacións a levar a cabo para unha preparación adecuada en función do material vexetal a establecer e do uso previsto.
  • Coñecemento da lexislación forestal e capacidade para a planificación forestal seguindo criterios de adecuación paisaxística.
  • Capacidade para a redacción de pregos de condicións técnicas nos proxectos de arquitectura da paisaxe en relación coa calidade da planta e da execución das plantacións

O alumno, ademais deberá:

B7.- Ser capaz de coñecer, seleccionar e utilizar a vexetación en consonancia co lugar, carácter e enfoque do proxecto e en función da escala (rexional, local ou particular)

B8.- Ser capaz de analizar e interpretar as características fisicoquímicas do terreo en orde a planificar os traballos preliminares necesarios para a implantación do elemento vexetal.

B9.- Ser capaz de coñecer os criterios de calidade do material vexetal así como as técnicas de xardinaría e paisajismo necesarias para a execución de proxectos de espazos verdes nos ámbitos forestal, rural e urbano.

B10.- Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos na elaboración e/ou colaboración en proxectos integrais de execución de actuacións en xardinaría e paisajismo, nos ámbitos forestal, urbano e rural de acordo coas atribucións profesionais da titulación do alumno.

B25.- Ser capaz de comprender e coñecer as bases da edafología, climatoloxía, botánica e ecoloxía precisas para abordar os estudos territoriais e paisaxísticos.

C1.- Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

C2.- Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

C3.- Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

C4.- Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

C5.- Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

C6.- Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

C7.- Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

C8.- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

 


Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España