Materias de Especialización: Planificación da Paisaxe |
![]() Desenvolvo dunha comprensión da paisaxe orientada á planificación e ao establecido no CEP. Xuízo crítico da diversidade de ópticas disciplinares en relación á paisaxe e como estas inflúen na súa planificación. Capacidade de planificación da paisaxe, coa inclusión das opinións das persoas involucradas mediante procedementos de participación. Aplicación da lexislación vixente en relación á paisaxe. Desenvolvemento de tarefas de análises e diagnoses da paisaxe. Capacidade de escoller e propor medidas específicas de protección, xestión intelixente, conservación, preservación, desenvolvemento sustentable e ordenación da paisaxe, introducindo unha perspectiva crítica. Capacidade de catalogar os valores dunha paisaxe, incluíndo aspectos de tipo intangible e inmaterial. Argumentación e crítica de modelos de ordenación e xestión da paisaxe xa existentes. |
|
Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 | C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España