Materias de Especialización: Deseño gráfico da paisaxe


Adquirir coñecementos específicos sobre as técnicas de representación da paisaxe ao longo da historia, así como a capacidade de distinguir os diferentes elementos do espazo urbano e aplicar as técnicas gráficas máis adecuadas segundo o tipo de intervención.

O alumno deberá:

B11.- Ser capaz de intervir nos xardíns e nas paisaxes de valor histórico e redactar e/ou colaborar na execución dos proxectos de restauración e rehabilitación, de acordo coas atribucións profesionais da titulación do alumno.

B19.- Ser capaz de aplicar, tanto manual como informáticamente, os sistemas de representación gráfica, dominando os procedementos de proxección, os aspectos cuantitativos e selectivos da escala e a relación entre o plano e o volume, e comprender ou coñecer os sistemas de representación espacial e a súa relación cos procedementos de ideación gráfica e de expresión visual das distintas fases do deseño.

B20.- Ser capaz de comprender ou coñecer os métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, a contorna natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humano.

B21.- Ser capaz de comprender ou coñecer as leis da percepción visual e da proporción, as teorías da forma e da imaxe, as teorías estéticas da cor e os procedementos de estudo fenomenológico e analítico das formas artificiais e da natureza.

B23.- Ser capaz de comprender e coñecer a xeometría métrica e proyectiva como fundamentos do deseño e da comprensión dos sistemas de representación espacial.

Ademais das anteriores competencias específicas, o alumno deberá:

C1.- Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

C3.- Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

C4.- Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

C6.- Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

C7.- Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

C8.- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

 


Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España