Master Universitario Arquitectura da Paisaxe |
![]() Curso 2017/2018Información xeralInicio: outubro Calendario Curso 2017/2018AccesoArquitectos, Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros de Camiños, canais e portos, Biólogos, Xeólogos, Xeógrafos, Enxeñeiros de Minas, ou calquera outra persoa que posúa un título universitario equivalente ás citadas titulacións. Tamén poderán acceder Enxeñeiros técnicos agrícolas, Enxeñeiros técnicos forestais, Enxeñeiros técnicos de obras públicas, arquitectos técnicos e Enxeñeiros técnicos de minas. Tamén poderán ser admitidos solicitantes con outras titulacións tras a valoración do seu CV pola Comisión de coordinación interuniversitaria do Máster. É desexable que os alumnos posúan uns coñecementos mínimos previos no manexo de ferramentas de deseño gráfico. ObxectivosO máster ten un carácter académico - profesional, que responde á necesidade de formación de profesionais en arquitectura da paisaxe. O programa académico abarcará temas de planificación da paisaxe, análise e deseño de paisaxes urbanas, culturais e da paisaxe en xeral, así como o que se refire á integración das infraestruturas na paisaxe. Da mesma maneira, abordarase a execución e posterior mantemento, xestión, conservación e restauración da paisaxe, tanto público como privado, no medio urbano, rural e forestal. O máster ten unha estrutura e uns contidos adaptados ás directrices do proxecto europeo Lle-Notre. A súa estrutura contempla todas as sensibilidades e necesidades que se requiren nun tema tan complexo e con tan pouca tradición académica en España. A finalidade é que o estudante adquira unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, orientada á especialización profesional en Arquitectura da Paisaxe. ProgramaO máster oferta un total de 66 ECTS, dos que se cursará ao menos 63 para a obtención do título. Profesorado
Mais informaciónEscola Galega da Paisaxe / Fundación Juana de Vega e-mail:
Esta dirección de correo electrónico está protesida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder verla
|
|
Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 | C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España