Aviso Legal

Os datos da entidade son: FUNDACIÓN JUANA DE VEGA, con C.I.F.: G15.050.602 con domicilio social en Rúa Salvador Allende nº 92, 15176 San Pedro de Nos - Oleiros, A Coruña, e inscrita no Rexistro de fundacións de interese Galego co número 58 e constituída no ano 1872 por vontade testamentaria de Dona Juana de Vega. Está clasificada como de Beneficencia Particular docente por “Real Orden del Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes”, de data 30 de xuño de 1925.

Tlfno.: 981.65.46.37 Fax: 981.65.20.95

CONDICIÓNS DE USO DA WEB

A utilización de este sitio Web está suxeito ás seguintes condicións de uso. O feito de acceder a este sitio Web e utilizar os materiais contidos nel implica que vostede leu e acepta, sen reserva algunha, estas condicións.

PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

De acordo coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal informámoslle  que os datos persoais que nos puidera facilitar poderán ser incorporados a ficheiros automatizados cuxo Responsable é a FUNDACIÓN JUANA DE VEGA e coa finalidade de poder xestionar as solicitudes que vostede nos poida solicitar dentro das actividades da Fundación, así como, no seu caso, enviarlle información por calquera medio, incluído o correo electrónico e/ou medio equivalente, sobre servizos e actividades que consideremos do seu interese. No caso de comunicacións enviadas a través de correo electrónico ou medio equivalente, vostede presta o seu consentimento expreso de acordo coa Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE).

O interesado poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os seus datos dirixíndose á FUNDACIÓN JUANA DE VEGA en Rúa Salvador Allende nº 92, 15176 San Pedro de Nos - Oleiros, A Coruña, Referencia: “Protección de Datos”, a través dun escrito firmado ao efecto e achegando fotocopia do seu DNI.

A FUNDACIÓN JUANA DE VEGA poderá esixir para o acceso a determinados Contidos e/ou Servizos o envío dun formulario de alta. O usuario, en tal caso, deberá proporcionar a información solicitada. En relación co proceso de rexistro, o usuario obrígase a:

  • facilitar os datos veraces, exactos e completos sobre a súa identidade, e
  • actualizar os datos de rexistro para que estes sigan sendo veraces, exactos e completos.

O Usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose a FUNDACIÓN JUANA DE VEGA o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.

PROPIEDADE INTELECTUAL

O presente Sitio Web, así como os Contidos, Servizos e elementos que nel se integran, son propiedade ou atópanse baixo o control da FUNDACIÓN JUANA DE VEGA, estando protexidos, sen limitación algunha, polas leis de propiedade intelectual e industrial do Reino de España e polos Tratados e Convenios internacionais que puideran resultar aplicables. A tales efectos, considéranse Contidos toda a información, actividades, produtos e servizos diversos, propios ou de terceiros que se ofrecen a través del Sitio web.

A FUNDACIÓN JUANA DE VEGA é a titular exclusiva de todos os dereitos de propiedade intelectual, industrial e outros análogos que puideran recaer sobre o Sitio Web. Así mesmo, quedan reservados en favor da FUNDACIÓN JUANA DE VEGA, todos os dereitos sobre cales queira Contidos, Servizos ou elementos da súa propiedade que se incorporen ao Sitio Web, incluíndo, a título simplemente enunciativo e non limitativo:

  • Aqueles elementos que conforman a aparencia visual, imaxe gráfica e outros estímulos sensoriais das páxinas web que conforman o Sitio Web;
  • A arquitectura de navegación;
  • Os códigos fonte das páxinas web;
  • Fotografías,
  • Gravacións,
  • Programas de ordenador,
  • Bases de datos,
  • Tecnoloxía,
  • Logotipos e
  • Signos distintivos.

A todo isto, no seu conxunto, denominaráselle no sucesivo, a "Propiedade".

Queda estritamente prohibida a utilización de todos os elementos obxecto de propiedade industrial e intelectual con fins comerciais así como a súa distribución, modificación, alteración ou descompilación.

A infracción de calquera dos citados dereitos pode constituír unha vulneración das presentes disposicións, así como un delito castigado de acordo co tipificado nos artigos 270 e seguintes do Código Penal.

 


Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España