Bolsas de Matrícula |
![]() A Escola Galega da Paisaxe convoca 12 bolsas de matrícula por importe de 1000 euros cada unha delas. Poderán optar a estas bolsas aqueles solicitantes de matrícula de nacionalidade española. As bolsas concederanse en base ao expediente académico, tendo preferencia as titulacións universitarias superiores sobre as titulacións universitarias de primeiro ciclo, e os desempregados. Non poderán optar á bolsa aqueles alumnos que superen os límites de renda establecidos para a obrigación de presentar a declaración de IRPF. Estas bolsas son incompatibles con calquera outra bolsa ou axuda pública ou privada para a realización deste máster. En caso de obter outro tipo de axudas, deberá reintegrar o importe da bolsa obtida da Escola, ou ben renunciar á outra axuda obtida. Os alumnos que resulten beneficiarios destas bolsas deberán cursar o máster ata o final do curso. Se por calquera motivo abandonase o máster antes da finalización do curso académico, deberán reintegrar á Escola Galega da Paisaxe o importe da bolsa obtida.
|
|
Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 | C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España