Antonio Rigueiro Rodríguez

Situación profesional actual

Organismo: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO

DEPARTAMENTO DE PRODUCIÓN VEXETAL E PROXECTOS DE ENXEÑERÍA

Ver páxina web do grupo de investigación que coordina:
Sistemas Silvopastorais

Liñas de investigación

SISTEMAS SILVOPASTORALES, BOTÁNICA FORESTAL, MICOLOXÍA (Cogomelos), MALHERBOLOGÍA, PLANTAS MEDICINAIS E AROMÁTICAS, MULTIPLICACIÓN DE ESPECIES LEÑOSAS, SISTEMAS AGROFORESTAIS.

Formación Académica

ENXEÑEIRO DE MONTES

E.T.S.I. MONTES-MADRID

1976

DOCTOR ENXEÑEIRO DE MONTES

UNIVERSIDAD POLITÉCNICA DE MADRID-E.T.S.I. MONTES

1980

Actividade docente e investigadora na USC

Participou, como investigador principal e colaborador, en numerosos proxectos de investigación de ámbito autonómico, estatal e internacional e en diversos contratos de investigación e transferencia de tecnoloxía con empresas e administracións públicas, dirixiu 20 tese doutoral e é autor de varios libros e capítulos de libros, de numerosos artigos en revistas especializadas, entre eles máis de 50 en revistas do JCR, e de máis de dous centenares de contribucións a congresos nacionais e internacionais. Tamén impartiu numerosas conferencias.

Desde o ano 1988 vén impartindo docencia no campus de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela, en titulacións de primeiro ciclo (Enxeñeiro Técnico Forestal), segundo ciclo (Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro de Montes), terceiro ciclo (programa de doutorado Investigación Agraria e Forestal, coordinado polo Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela) e nos títulos de Máster Universitario Oficial de Enerxías Renovables (Facultade de Física) e Investigación Agraria e Forestal (Departamento de Produción Vexetal, Escola Politécnica Superior). Actualmente imparte docencia nos títulos de grao en Enxeñería Forestal e do Medio Natural e Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria, e nos títulos oficiais de posgrao seguintes: Máster de Arquitectura da Paisaxe Juana de Veiga (Universidades da Coruña e Santiago de Compostela) e Máster Enxeñeiro de Montes. É secretario do programa de doutorado Investigación Agraria e Forestal.

Actividades anteriores de carácter científico profesional

PUESTO

INSTITUCIÓN

DATAS

COLABORADOR

ETS INGENIERÍA DE MONTES (MADRID)

1973-1974;1975-1976          

BECARIO FPI DEL MEC

ETS INGENIERÍA DE MONTES (MADRID)

1977-1980

INVESTIGADOR DEL INIA

CENTRO DE INVESTIGACIONES FORESTALES DE LOURIZÁN (Pontevedra)

1981-1986

JEFE DEL SERVICIO DE PLANIFICACIÓN ECONÓMICA

XUNTA DE GALICIA

1986-1988

PROFESOR TITULAR DE UNIVERSIDAD

UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

1998-1993

SUBDIRECTOR GENERAL DE UNIVERSIDADES E INVESTIGACIÓN

XUNTA DE GALICIA

1988-1990

DIRECTOR DE LA E.T.S.I.AGRÓNOMOS DE LUGO

UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

1990-1993

CATEDRÁTICO DE UNIVERSIDAD

UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DESDE 1994

DIRECTOR DE LA ESCUELA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO

UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

1997-2000

DIRECTOR DEL DEPARTAMENTO DE PRODUCCIÓN VEGETAL UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA DESDE 2001 hasta 2009

DIRECTOR DE LA ESTACIÓN CIENTÍFICA DEL COUREL

UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DESDE 2013

Outros méritos

Membro do Comité Organizador do Curso Avanzado de Posgrao, de carácter Internacional, “Conservation and Utilization of Plant Genetic Resources”, 15 setembro ao 1 de outubro de 1993, Misión Biolóxica de Galicia-CSIC (Pontevedra) e Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo.

Director Académico do curso de Posgrao “O Medio Natural Galego”. Instituto Lucense de Expresión e Arte (ILEA), Deputación Provincial de Lugo. Escola Politécnica Superior de Lugo, 1988.

Director Académico do curso de Posgrao “Medio Natural e Desenvolvemento Rural”. Instituto Lucense de Expresión e Arte (ILEA), Deputación Provincial de Lugo. Escola Politécnica Superior, 1999.

Membro da Comisión de Selección de Política Científica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. 1990-1996.

Presidente do Comité de Avaliación Externa para a avaliación da calidade das titulacións de Enxeñeiro Técnico Forestal e Enxeñeiro de Montes da Escola Técnica Superior de Enxeñería Agraria de Lleida, da Universidade de Lleida.

Nomeado pola Axencia per á Qualitat do Sistema Universitari de Catalunya. 1999-2000.

Profesor de numerosos cursos de posgrao e de especialización.

Máis de 100 colaboracións en prensa diaria con artigos divulgativos de temática relacionada coa súa especialidade Científico-Técnica.

Participación como relator convidado en máis de 200 conferencias, mesas redondas, etc. sobre temas da súa especialidade.

Relator por invitación en varios congresos nacionais e internacionais.

Premio Deputación de Pontevedra de Investigación, ano 1994, polo traballo: “O Pastoreo no Monte Arborizado Galego, un paso cara ao Aproveitamento Integral do Monte”.

Premio Xornalístico da Asociación para o Progreso Forestal, ano 1990.

Premio 1999 da Sociedade Española de Malherbología pola memoria dos traballos de control de malas herbas nas paredes da muralla de Lugo.

Membro de número da Real Academia Galega de Ciencias, 2000.

Avaliador de Proxectos de investigación FEDER (1998-1999)

Avaliador de Proxectos de Investigación da U.E. (desde 2000)

Avaliador de Proxectos CICYT (temática forestal), desde 2000

Director de numerosos Proxectos e Traballos de Investigación Fin de Carreira de alumnos das titulacións de Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Agrícola e Enxeñeiro Técnico Forestal da Escola Politécnica

Superior de Lugo. E de Traballos Fin de Grao e Fin de Máster.

Coordinador da área Forestal do Proxecto Columella (ADAPT) da Escuela Politécnica Superior de Lugo.

Membro da Xunta Directiva da Sociedade Española de Ciencias Forestais. Desde 2001 a 2009.

Membro do Consello da Cultura Galega.2000-2006

Coordinador do Máster de Investigación Agraria e Forestal da USC (2009-2013).

Coordinador do Programa de Doutoramento en Investigación agraria e Forestal da USC ( 2009-2012).

 


< Anterior   Seguinte >

Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España