Planificación Espacial e Conectividade Ecolóxica. Corredores |
![]() Planificación Espacial y Conectividad Ecológica. Corredores Ecológicos «Corredores ecolóxicos» é unha obra colectiva que desenvolve un tema de gran interese técnico e científico: a conectividade ecolóxica e a súa influencia territorial e paisaxística. O libro ofrece unha serie de claves de concepto, de deseño e de implementación que tratan de facilitar a incorporación dos corredores ecolóxicos aos instrumentos de planificación espacial. Os capítulos desta obra inclúen ámbitos distintos pero relacionados; desde as formulacións teóricas vinculadas á planificación subregional, o papel da escala no deseño de redes ecolóxicas, a loita contra a fragmentación xerada por grandes infraestruturas, a nova incorporación da conectividade aos proxectos de concentración parcelaria e mesmo o desenvolvemento, paso a paso, dun modelo concreto de corredores ecolóxicos. Podedes descargar o libro aquí. |
|
< Anterior | Seguinte > |
---|
Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 | C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España