Enxeñería agronómica e arquitectura da paisaxe | Pedro Calaza


Recuperación de antiga instalación militar en parque público como hub para desenvolvemento de redes verdes. A Coruña | Fonte: coruna.gal

Baixo a denominación de arquitectura da paisaxe se aglutina un gran número de diferentes campos laborais que comparten en maior ou menor importancia disciplinas complementarias como a planificación, ordenación do territorio, deseño, proxectos, e as súas ramas básicas como hidráulica, electrotecnia, hidroloxía, edafoloxía, fitopatoloxía, topografía, xeotécnica, botánica, xardinería, cálculo de estruturas, bioenxeñaría, biomecánica, socioloxía, etc.

É dicir, estamos a falar dun verdadeiro caixón de xastre onde caben e utilízanse moitos dos coñecementos que os enxeñeiros agrónomos adquiren ao longo do seu ciclo formativo, polo que xa adiantamos que a súa idoneidade neste tipo de traballos é incomparable, pero claro que vou dicir eu? se levo traballando neste campo máis de 17 anos?

A verdade é que dunha forma ou outra sempre estiven vinculado á esfera da arquitectura da paisaxe, do paisaxismo e a xardinería, rama un tanto descoñecida ou pouco practicada, mesmo considerada como de menor importancia polo enxeñeiro agrónomo tradicional aínda que debemos lembrar que xa en 1903, a propia estación de Horticultura e xardinería uníase á nova fusión da Escola Xeral de Agricultura e La Granja Central de Experimentación. As miñas inquietudes profesionais e a miña formación académica sempre estiveron nesa liña de traballo, incluíndo o proxecto de fin de carreira (parque público urbano) e a posterior tese doutoral (da que derivou un libro de avaliación de risco  aplicado ao arboledo1, resultados directos desta íntima relación entre o enxeñeiro agrónomo e a paisaxe ou os seus elementos.

Hai xa moitos anos cando era membro da Xunta de goberno do COIAG en calidade de vogal, e consciente da falta de formación específica en materia de paisaxe e as posibilidades que nos podía ofrecer, organicei grazas ao patrocinio da Fundación Juana de Vega os primeiros cursos de Arquitectura da Paisaxe, antes denominados Proxectos de Enxeñería da Paisaxe, dos que xa vai cumprirse a X edición coa participación de profesionais de recoñecido prestixio internacional.

Tras eses pasos seminales, desenvolveuse o máster de Arquitectura da Paisaxe (onde comparto docencia con outros compañeiros enxeñeiros agrónomos como Jorge Piñeiro, Javier Cancela, Manuel Torres, Santiago Lamosa, Adolfo Fabal, Emilio Díaz., etc)  e creouse a Escola Galega de Paisaxe da que formo parte do Comité de Expertos, desde a que promovemos o estudo, formación, investigación, intercambio de coñecementos e a concienciación e sensibilización social en materia de paisaxe, temas que converxen co noso perfil profesional en diferentes aspectos.

A enxeñería ou arquitectura da paisaxe, xa veremos un pouco máis adiante cal é ou debe ser a nomenclatura correcta desta actividade un tanto peculiar que mestura arte, ciencia, sociedade, enxeñería, arquitectura e natureza de forma inseparable, non é un campo laboral novo, de feito os enxeñeiros agrónomos fomos e somos os que esgrimimos os lapis que pintan os mosaicos de cores dos campos galegos, os que trazan as liñas dos camiños rurais e os que definen os cambios estacionais das plantacións, en definitiva, os que van cambiando as diferentes capas do palimpsesto do noso territorio, non esquezamos por exemplo que os primeiros protoxardíns en realidade eran cerramentos para a protección de plantacións de cultivos para alimentación.

Para poñelo de manifesto, abordaremos os pormenores da inherente relación entre as funcións e profesionalidade dun enxeñeiro agrónomo e esta actividade, poñendo de manifesto nosa idoneidade con diferentes exemplos en sectores de actividade nos que destacamos claramente e con diferentes experiencias en materia de proxectos, execución, xestión e os seus servizos complementarios.

Pedro Calaza, Doctor Ingeniero Agrónomo
Escola Galega da Paisaxe, abril 2014
Artículo completo en researchgate.net

Notas:
1. CALAZA MARTÍNEZ, PEDRO e IGLESIAS DÍAZ, MARÍA ISABEL. 2012. Evaluación de riesgo de arbolado peligroso. Principios, indicadores y métodos. Asociación española de arboricultura. Universidad de Santiago de Compostela. 978-84-616-2068-5. 400 pp

 


< Anterior   Seguinte >

Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España