A paisaxe post-industrial como escena e lugar. Tres miradas complementarias: Tarkovski, Wenders y Lynch | Antonio S. Río Vázquez


O ceo sobre (Der Himmel über Berlin, Wim Wenders, 1987) | Fonte: vosrevista.es

Fronte ao conflito propio do século XIX entre os entusiastas da revolución industrial e o que rexeitan esas novidades tecnolóxicas en nome dos valores tradicionais e da sensibilidade estética, o século seguinte supoñerá a aceptación e posta en valor da paisaxe industrial e posindustrial, constituíndose este último como uns dos escenarios máis contraditorios da modernidade, pois nel fúndese unha idea romántica do pasado con signos de progreso e futuro para a humanidade.

As grandes infraestruturas ou as instalacións industriais en desuso son interpretadas en termos estéticos do mesmo xeito que ruínas dos monumentos da antigüidade; ofrecendo un escenario fascinante; fráxil e abatido e ao tempo colosal e belo, crepúsculo e aurora, cunha gran capacidade de evocación, algo que pintores como Mario Sironi, Edward Hopper ou Charles Sheeler converteron en argumento das súas obras.

Andrei Tarkovski, Win Wenders e David Lynch trasladaron ao cinema esta paisaxe, converténdoo tamén nun elemento central das súas narracións e facéndoo propio a través das súas diferentes miradas sobre o mesmo. Tres miradas complementarias onde a paisaxe se fai lugar e protagonista da historia.

Esta breve análise atende ás conexións e similitudes entre os tres autores en canto á presenza da paisaxe posindustrial na súa obra, e á influencia que sobre eles tiveron outros artistas do século XX interesados tamén pola beleza ambigua dese territorio.

Antonio S. Río Vázquez, Doutor Arquitecto
Gijón, INCUNA, 2009

Artigo completo en ruc.udc.es

 


< Anterior   Seguinte >

Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España