Rosa Romero Franco

Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela.

Doutora en ciencias biolóxicas pola USC en 1989.

Esta dirección de correo electrónico está protesida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder verla

Investigación

A actividade investigadora de Rosa Romeu Franco  está relacionada con dous campos de traballo. Entre os anos 1984 ao ano 1989, investigou no Departamento de Edafología e Química Agrícola, centrada no estudo da mineraloxía de chans e a súa influencia nas propiedades físicas e química dos chans. Froito destes anos foi a lectura da súa tese doutoral e a presentación de relatorios en congresos (Nacionais e Internacionais) así como publicacións de distinta índole entre as que destacan as realizadas nas revistas de impacto: Clay Minerals e Chemical Geology (primeiro cuartel).
 A partir do ano 1990 e a súa incorporación como docente no departamento de Produción Vexetal, inicia unha nova actividade investigadora centrada inicialmente na malherbología e posteriormente no campo das a Etnobotánica e aproveitamentos secundarios do Bosque. Deste período resalta a publicación en Planta Medica (primeiro cuartil), Acta Horticulturae e Silvae xenética e Catena. Así como a dirección e presentación da Tese doutoral: Cultivo de Echinacea purpurea (L.) Moench. Baixo distintos métodos de control de flora arvense en Galicia. Cualificada Sobresaliente “cum laude”. Ten actualmente concedido Un Sexenio de de Investigación.

Docencia

A actividade docente comeza no ano 1990 como profesora axudante na materia de Botánica Agrícola no Departamento de Produción Vexetal (Escola Politécnica Superior, USC). Posteriormente impartiu clases de Botánica Forestal, Botánica Económica e Producións Complementarias do Bosque na Titulación de Enxeñería Forestal e Enxeñería de Montes. Desde o ano 1998 é Profesora Titular de Universidade. Durante este período ademais de especializarse no campo da Botánica Forestal formouse no tema das plantas medicinais, abarcando temas de estudo que van desde a etnobotánica a aspectos máis prácticos como o cultivo de plantas medicinais. Neste último tema interesouse por aspectos como a determinación de principios activos de plantas silvestres interesantes económica e ambientalmente como o Arnica montana, ou ver a infuencia de distintas técnicas culturais sobre a produción e o rendemento de plantas medicinais en cultivo. Participou en numerosos proxectos de investigación, sendo nos últimos 10 anos investigadora principal de catro proxectos relacionados coa caracterización ecolóxica e molecular e posta a piques de técnicas de cultivo dalgunhas plantas medicinais. Asistiu e presentou comunicacións tanto orais como en formato posters en numerosos congresos (Nacionais e Internacionais). Tamén foi convidada a diversos foros como especialista en Plantas medicinais. Nos últimos 4 cursos académicos é directora dun curso de Verán da Universidade de Santiago de Compostela, centrado nas Plantas medicinais e que ten un gran éxito de participación. Desde o ano 2008 é Subdirectora da escola politécnica superior, encargándose da coordinación de prácticas e orientación laboral en empresa da EPS, centro que chegou a ter máis de 2000 alumnos.

Publicacións

Romero Franco, R.; Rigueiro, A.; Sainz, M.J.; López-Mosquera, M.E. (2004) Producción de Echinacea purpurea bajo fertilización mineral u orgánica en el Noroeste de España. Actas X Simposio Ibérico de Nutricio Mineral deas Plantas.217-221.

Barros, R.M., Sainz, M.J., López-Mosquera, M.E., Rigueiro, A., Romero R. (2007) Evaluación de distintos métodos de control de flora arvense en Echinacea purpurea (L.) Moench. en Galicia. Actas del XI Congreso de la Sociedad Española de Malherbología. Albacete.

Romero, R., Sainz, M.J., Rigueiro, A., González-Hernández, M.P., López Mosquera, M.E. (2007) Influencia de dos tipos de fertilización sobre la flora adventicia, la producción y el contenido en flavonoides en un cultivo de Achillea millefolium L. en Galicia (NW de España). Recursos Rurais 1(3): 5-11.

Rodríguez Guitián, M.A., Ramil Rego, P., Romero Franco, R. (2007) Caracterización ecológica y florística de las comunidades lauroides del occidente de la Cornisa Cantábrica. Recursos Rurais 1(3): 5-11. 2007

Romero Franco R., Rodríguez Guitián, M.A. (2007) Plantas medicinales y aromáticas. Aprovechamiento en la Cordillera cantábrica. Uso Sostenible y Conservación en la Cordillera Cantábrica ¿es posible un acuerdo?. Serie Cantábrica. Volumen I. 117-124. As. 5.591/07.

Romero Franco, R. (2008) Plantes médicinales: posiblités de culture. Systèmes agroforestiers comme technique pour la gestion durable du territoire. 327-337. ISBN. 96351-41-6.

Perry, N., Burgess, E., Rodríguez-Guitián, M.A., Romero Franco, R., López Mosquera, ME., Smasllfield, N., Littelejohn, R.P. (2009) Sesquiterpene lactones in Arnica montana: helenalin and dihydrohelenalin chemotypes in Spain. Planta Medica. 75: 660-666.

Mosquera-Losada, M.R.; McAdam, J.H.; Romero-Franco, R.; Santiago-Freijanes, J.J., Rigueiro-Rodríguez, A. (2009) Definitions and Components of Agroforestry practiques in Europe (capítulo de libro). Chapter 1. 3-19. Agrofrestry in Europe. Current status and Future porspects. Springer Science. 978-1-4020-8271-9.

Rodríguez Guitián, M.A., Amigo Vázquez, J., Real, C., Romero Franco, R. (2009) Revisión de la sintaxonomía de los hayedos del occidente de la Cordillera Cantábrica (NO Ibérico) mediante análisis multivariante. Lazaroa 30: 193-221.

Romero, R., Rodríguez-Guitián, M.A., López-Mosquera, M.E., Barros, R.M., Real, C., Rigueiro, A. (2010): Estudio de la capacidad germinativa de Arnica montana L. en Galicia. Recursos Rurais 2(6): 75-80. Versión dixital accesible en: www.ibader.org/archivos/docs/recursos_rurais_06_04.pdf.

Romero Franco, R.,Rodríguez Guitián, M.A.2011 Aproveitamentos tradicionais dos faiais. Os faiais de Galicia. Ecoloxía evalor ambiental.. Edit.Ibader Horreu. 420-477 .

Romero Franco, R., Real Rodríguez, C.; Guitián Rodríguez. M.A.; barros Camba, Mº R.; Rigueiro Rodríguez, A.; González Hernández, M.P. 2011. Estudio de la variabilidad biométrica de Arnica montana L. (Asteraceae) en el extremo occidental cantábrico (NW Ibérico). Actas del IX Colloqui International de Botanica Pirenaico-Cantabrica.ISBN: 978-99920-2-058-6. 379-388.

Romero Franco, R. & Rodríguez Guitián, M.A.. 2012. Etnobotánica forestal: revisión y experiencias de estudio en Galicia (NW España). Recursos Rurais. Serie Cursos, 6: 129-137.

González-Hernández, M.P., Barros , R.M. &Romero Franco, R. 2013. Effects of Inorganic Mulches on Achillea millefolium L. Sesquiterpene lactones. European Journal of Medicinal Plants. 3(2): 163-173.

Rodriguez Guitián, M.A.; Romero Franco, R., Real, C. & Ferreiro da Costa, J. (2013). Descricion, cartografía e valor de conservación dos bosques da Devesa do Rogueira (Serra do Courel, NW Península Ibérica). Recursos Rurais. 9:5-34.

Romero Franco, R, Rodríguez Guitián, M.A. & Resúa, A. 2013. Plantas utilizadas en medicina humana y veterinaria en Triacastela, Lugo (NW España).  Recursos Rurais. 9: 35-43.

Romero Franco, R.; Barros Camba,  R.M.; Rigueiro, A. & Fernández Lorenzo, J.L. 2014 . Effect of.weed control on production and qualiy in a plantation of Echinacea purpurea (L.) Moench in Galicia (NW Spain). International Journal of Agricultural Sciences, Vol 4(8): 232-240.

Vera, M,  Romero, R.; Rodríguez Guitian, Barros,  R.M.; Real, C. & Bouza, C. 2015 .Phylogeography and genetic variability of the Arnica Montana chemotypes in NW Iberian Peninsula.. Silvae genetica. 63(6):245-300.

Ferreiro Domínguez, N.; Rigueiro Rodríguez, A.; Rial overa, K.E.; Romero Franco, R.; Mosquera Losada, M.R. 2016. Effect of grazing on carbon sequestration and tree growth that is developed in a silvopastoral system under wild chery (Prunus avium L.). Catena 142:11-20.

Mosquera-Losada, M.R.; Amador-García, A.; Muñóz-Ferreiro, N.; Santiago-Freijanes, J.J.; Ferreiro-Domínguez, N; Romero-Franco, Ro; Rigueiro-Rodríguez, A. 2016. Sustainable use of sewage sludge in acid soils within a circular economy perspective. Catena 149: 341-348.

Proxectos

  1. Managing arbuscular mycorrhizal fungi for improving soil quality and planta health in agriculture. Programa COST Action 838. Grupo de trabajo 2: Sanidad Vegetal y Grupo 4: Mycorrhizal Technology. Acción integrada por 23 países. DURACIÓN DESDE: 25-11-1998 HASTA: 24-05-2005. INVESTIGADOR RESPONSABLE: Mª Jesús Sainz Osés.
  2. Understanding and modelling Plant-Soil Interaction in the Rizhosphere environment (UMPIRE). Programa COST 631. Grupo de trabajo 3: Dynamic feddback loops in plant soil interaction and plant internal process. Acción intergrada por 26 Países. DURACIÓN DESDE: 13-09-2001 HASTA: 11-03-2007. INVESTIGADOR RESPONSABLE: Mª Jesús Sainz Osés
  3. Arnica montana: estudio do seu cultivo como alternativa a sobreexplotación das poboacións naturais em Galcia. Xunta de Galícia (08MRU007291PR). Duración: desde 2008 Hasta 2011. INVESTIGADOR RESPONSABLE: Rosa Romero Franco.
  4. AGFORWARD (European Community's Seventh Framework Programme under Grant Agreement No. 613520). http://www.agforward.eu/index.php/es/

Contratos

Seguimento do cultivo de trevo encarnado en Terra Chá. ENTIDADE FINANCIADORA: Empresa PLANTALIA. Contrato de investigación coa Fundación Comarcal Terra Chá. DURACIÓN DESDE: Noviembre 2007 hasta noviembre 2008.

Experiencia en organización de actividades de I+D

  1. Secretaria do Curso de Verán: “Propagación de especies vexetais de interese agrícola, ornamental e forestal”, celebrado en Lugo en xullo de 1992.
  2. Secretaria do Curso de Formación: “Micoloxía, cogomelos comestibles e velenosos”, organizado en Lugo, patrocinado polo Instituto Lucense de Desenvolvemento (INLUDES) e a Universidade de Santiago de Compostela durante os anos: 1992, 1993, 1994 (Duración de cada un deles 10 horas).
  3. Coordinadora do Curso de Formación: “Micoloxía, cogomelos comestibles e velenoso” durante o ano 1995.
  4. Secretaria e membro do Comité Científico e Organizador do Congreso 1993 da Sociedade Española de Malherbología celebrada en Lugo do 1 ao 3 de decembro de 1993.
  5. Membro do Comité Científico do VI Congreso Galaico-Luso de Macromicoloxía celebrado en Lugo en novembro de 2003.
  6. Membro do Comité Organizador do Congreso Internacional. “Silvopastoralism and sustainable management”, celebrado en Lugo do 18 ao 24 de abril de 2004.

Premios de investigación

  1. Premio 1999 da Sociedade Española de Malherbología pola memoria sobre os
    traballos de control de malas herbas nas paredes da Muralla de Lugo.
  2. Accesit nos premios concedidos pola Confederación de Empresarios de Lugo, na convocatoria do ano 2002, no apartado de investigación pola memoria titulada: Cultivo de plantas medicinais: Nova alternativa agrícola e empresarial na provincia de Lugo.
  3. Accesit nos premios concedidos pola Confederación de Empresarios de Lugo, na convocatoria do ano 2005, no apartado de investigación pola memoria titulada: Valorización de residuos da industria madeireira para a súa utilización como substratos orgánicos e materiais de acolchado en cultivos intensivos e de xardinería.
  4. Premio ACTAS outorgado pola Sociedade Española de Malherbología polo traballo presentado no congreso 2007 da citada sociedade, celebrado en Albacete, titulado: “Control da Vexetación con acolchado de cortiza de piñeiro: efecto do tamaño de cortiza e do grosor do acolchado”

Postos de docencia relevantes

  1. Profesora convidada para impartir unha lección teórico-práctica (7 horas) dentro do curso “Plantas aromáticas, condimentarias e medicinais” organizado polo IDARN (Instituto para ou Desenvolvemento Agrario dá Região Norte de Portugal). Celebrado en Veirão, Vila do Conde en marzo de 1994.
  2. Profesora no curso de Formación Ocupacional “Viverista forestal” co tema Producións Complementarias do Bosque en Galicia: Plantas aromáticas e Medicinais. Celebrado en Oural, Lugo. 1995.
  3. Profesora no curso “Plantas medicinais e aromáticas” (impartindo 8 horas lectivas), organizado polo Centro de Información e Divulgación Ambiental (CEIDA). Celebrado en Santa Cruz, A Coruña do 23-27 de setembro de 1996.
  4. Profesora convidada a impartir a conferencia titulada: “Plantas medicinais e aromáticas: Un recurso dous montes galegos”, no I Congreso Internacional de Recursos Selvícolas de carácter agroalimentario celebrado en Monforte de Lemos en novembro de 2002.
  5. Conferenciante no ciclo de Conferencias “Natura 2000. Conservación e Desenvolvemento sustentable en Ancares e Alto Sil”, organizado pola Xunta de Galicia e a Xunta de Castela León, desenvolvido pola Fundación OSo Pardo, en Veiga de Espinareda e San Román de Cervantes, co tema: “Aplicacións e posibilidades de cultivo de plantas aromáticas e medicinais”. Días 28 e 29 de novembro de 2003.
  6. Profesora no Plan de Formación Continua para o ano 2006 da Consellería do Medio Rural, celebrado en Guísamo durante os días 29, 30 e 31 de maio de 2006. Título da contribución: “Aproveitamento de produtos complementários do monte: plantas medicinais, cogomelos”.
  7. Profesora no Grupo de Traballo: “Inventario dás especies vexetais do IES A Granxa” organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nunha actividade de formación do profesorado. A participación foi de 5 horas dun total de 30. Realizado o 30 de xuño de 2006.
  8. Impartición de 10 horas no Curso: “Técnicas de recoñecemento de plántulas e diásporas de malas herbas”, organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agrárias (AGACA) e a Consellería de Traballo, celebrado en Lugo os días 8, 15, 20 e 22 de xuño de 2006.
  9. Participación como conferenciante noutros cursos de formación e divulgación.
 


Seguinte >

Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España