Obxectivos


A finalidade do título é a adquisición por parte do estudante dunha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, orientada á especialización profesional en Arquitectura da Paisaxe.

O obxectivo académico responde á necesidade de formación de profesionais da arquitectura da paisaxe, abarcando a planificación da paisaxe, a análise e o deseño da paisaxe en xeral, así como o que se refire a proxectos específicos de infraestruturas, de paisaxes urbanas e culturais. Da mesma forma, abordarase a execución e posterior mantemento, xestión, conservación e restauración da paisaxe, tanto público como privado, no medio urbano, rural e forestal.

O deseño do Máster e o das súas estruturas de dirección son fortemente integradoras, para abarcar todas as sensibilidades e tipos de capacitación que se requiren nun tema tan complexo e que ten moi pouca tradición académica en España.




O máster ten unha estrutura e uns contenidos adaptados ás directrices do proxecto europeo LE-NOTRE e está recoñecido académicamente polo ECLAS (European Council of Landscape Architecture Schools).

Image      Image

Sede de la Fundación Juana de Vega/ Escuela Gallega del Paisaje.
Rúa Salvador Allende, 92, 15176 Oleiros (A Coruña)
Telf.: 981 654 637
e-mail: Esta dirección de correo electrónico está protesida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder verla

 


Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España