CICLO DE CONFERENCIAS SOBRE PAISAXE 2017.

As redes de “corredores verdes e azuis” como expoñente máximo da evolución da paisaxe humanizada”.

  • Doutor Arquitecto da paisaxe pola Universidade de Amersht (Boston). Profesor do Instituto Superior de Agronomía da Universidade Técnica de Lisboa. CEO en Topiaris.
  • Traballou na Rede de corredores verdes de Lisboa

Oleiros, 26 de abril de 2017

A Fundación Juana de Vega dentro das actividades que se desenvolven no marco do Máster de Arquitectura da Paisaxe 2016- 2017, organiza unha nova conferencia sobre a paisaxe.

O vindeiro martes 2 de maio ás 18:30 h contaremos coa presenza do Arquitecto da paisaxe Luís Paulo Ribeiro, doutor pola Universidade de Amersht (Boston) e profesor no Instituto Superior de Agronomía da Universidade Técnica de Lisboa. Tamén é CEO na empresa TOPIARIS.

Profesional de referencia nas conferencias de “The Fábos Conference on Landscape and Greenway planning”, en Portugal traballou na Rede de Corredores verdes de Lisboa e desenvolveu a Rede Ecolóxica Nacional no centro de Estudos de Arquitectura e paisaxe do Prof. Caldeira Cabral, en sintonía coa nova Lei de Patrimonio Natural e Biodiversidade.

O portugués é ademais director da tese doutoral de Arquitectura da Paisaxe de Pedro Calaza, que leva por título “Infraestrutura verde: saúde pública e actividade física. Evidencias da súa relación. Caso de estudo: A Coruña” con cualificación Cumlaude.

Luís Ribeiro presentará algúns exemplos de parques metropolitanos en Portugal, analizando as estratexias de proxecto con especial atención nas prexistencias e a sustentabilidade. Os sistemas de parques e zonas verde urbanas – que integran os corredores verdes e azuis- son defendidas como expoñentes máximos da evolución da paisaxe cultural. A alteración moi rápida das zonas urbanas e as envolventes rurais e industriais conduciu á concienciación de que é necesario desenvolver estratexias adecuadas de proxecto de espazos exteriores e de paisaxe, compatibles coas características e taxas de transformación das paisaxes metropolitanas actuais.

Luís Ribeiro participará ademais do 2 ao 4 de maio no taller do traballo fin de máster analizando as propostas de actuación que os alumnos do Máster deste curso están a desenvolver na contorna da zona de Monte Porreiro e a súa conexión co Mosteiro de San Benito cruzando o río Lérez na cidade de Pontevedra.

Lugar: Fundación Juana de Vega, San Pedro de Nós (Oleiros - A Coruña)
Hora: 18:30 a 20 horas.

Inscricións ata completar aforamento en Esta dirección de correo electrónico está protesida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder verla ou no teléfono: 981. 65.46.37.

 


< Anterior   Seguinte >

Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España