Ciclo de relatorios sobre Paisaxe 2016

A Fundación Juana de Vega dentro das actividades que se desenvolven no marco do Máster de Arquitectura da Paisaxe 2016- 2017, organiza un ciclo de conferencias sobre a paisaxe nas que participasen recoñecidos paisajistas de toda Europa.

Os relatorios terán lugar na sede da Fundación os días 22, 28 e 29 de novembro, e serán de acceso libre mediante inscrición no seguinte email: Esta dirección de correo electrónico está protesida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder verla .

Paul T Simons
Arquitecto inglés especialista en patrimonio histórico e turismo termal, é o socio fundador de Paul Simons Associates, consultora especializada neste ámbito. Na actualidade tamén é director de McCurdy & Co, empresa dedicada a reconstrucións de edificios históricas utilizando fundamentalmente madeira.

Teresa Andresen
Teresa Andresen é Doutora en Arquitecta Paisaxista, catedrática do Departamento de Xeociencias, ambiente e Ordenación do Territorio da Universidade do Porto e miembro do Comité de expertos da Escola Galega da Paisaxe. Dirixiu, entre 1986 e 1988, a recuperación do Parque de Serralves, e coordinou o estudo de Estrutura Ecolóxica da área metropolitana de Porto. É co-autora, con Teresa Portela Marques, do libro Jardins Históricos do Porto e Directora do Xardín Botánico do Porto. Foi membro do Consello científico da Axencia Europea de Ambiente. Premio ECLAS 2015 á súa traxectoria.

João Nunes
Socio Fundador e Presidente de PROAP, Estudo de Arquitectura da Paisaxe conformada por un amplo equipo multidisciplinar de profesionais, cunha recoñecida experiencia no ámbito da paisaxe, na súa acepción máis ampla.
Imparte clases no Instituto Superior de Agronomía de Lisboa desde 1991. Actualmente tamén imparte clases no Instituto Universitario de Arquitectura de Venecia, Universidade Politécnica de Milán, Universidade Politécnica de Turín, Facultade de Arquitectura Ludovico Quaroni da Universidade de Roma "A Sapienza", Facultade de Arquitectura de Alghero e na Accademia dei Architettura de Mendrisio.

 


< Anterior   Seguinte >

Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España