Tres alumnos do curso 2015/2016 do Máster de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega desfrutarán de prácticas profesionais en estudos europeos. |
Aproveitando os contactos internacionais da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, Ana Colmenero, Meritxell Navarro e Roi Martínez, alumnos do curso 2015/2016 do Máster de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, gozarán nos próximos meses dun período de prácticas en diferentes empresas europeas bolseiros polo Programa ERASMUS + e o Programa GALEUROPA. Ana Colmenero desprazarase durante un mínimo de tres meses a Paris, para traballar no estudo de Catherine Mosbach, experta paisajista que participou como convidada no Máster. Pola súa banda, Meritxell Navarro, viaxará a Lisboa para aprender durante 6 meses da ampla experiencia de Joao Nunes de PROAP. Joao Nunes visítanos cada ano para dirixir parte dos talleres presenciais nos que se traballa para deseñar actuacións en zonas concretas de Galicia. Roi Martínez estará durante 3 meses en Londres, coa Bolsa Galeuropa para traballar nun estudo de arquitectura da paisaxe. A Escola Galega da Paisaxe dedica os seus esforzos cada ano para mellorar a inclusión no mercado laboral dos diferentes alumnos que pasan polo máster. Matricúlache no Máster de arquitectura da Paisaxe Juana de Vega ata o 16 de setembro na USC e do 22 ao 30 de setembro na USC. Consulta toda a información da nova edición na web. Para calquera dúbida ou consulta, tesnos á túa disposición en Esta dirección de correo electrónico está protesida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder verla , no teléfono 981.65.43.37 (De 9 a 14 h), ou nas nosas redes sociais: Facebook e twitter (poderás seguir todas a novidade a través do #MasterJdV) Esperámosvos! |
|
< Anterior | Seguinte > |
---|
Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 | C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España