Publicada a primeira lista provisional de admitidos no #MásterJdV dende a UDC

Publicada a lista provisional de admitidos no Máster Universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, tras o peche do primeiro prazo de preinscrición da Universidade da Coruña. Os admitidos neste primeiro período poderán matricularse do 1 ao 10 de agosto na seguinte ligazón. O segundo prazo de preinscrición na UDC ábrese o próximo 22 de agosto.

Actualmente e ata o 4 de agosto podes solicitar a túa praza na Universidade de Santiago de Compostela.

Consulta o resto de prazos de matrícula na nosa web.

Lembra que a Fundación Juana de Vega ofrece 12 bolsas de matrícula de 800 € a alumnos desempregados.

Consulta toda a información da nova edición na web.

Para calquera dúbida ou consulta, tesnos á túa disposición en Esta dirección de correo electrónico está protesida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder verla , no teléfono 981.65.43.37 (De 9 a 15 h), ou nas nosas redes sociais: Facebook e twitter (poderás seguir todas a novidade a través do #MasterJdV)

Se o desexas podes descargarche o díptico en PDF aquí.

Esperámosvos!

 


< Anterior   Seguinte >

Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España