Image Image
Master Universitario Arquitectura da Paisaje

2016-2017

Información xeral

Inicio: outubro
Duración: 1 curso académico (60 créditos + 3 de complementos formativos)
Horarios: De luns a xoves de 16 a 20 horas.
Tipo Docencia: Semipresencial. A parte teórica impartirase de forma online, coa posibilidade de asistir de xeito presencial, e a parte práctica desenvolverase de xeito presencial mediante 5 semanas de talleres en horario de mañá e tarde. 
Lugar de Imparticiónn: Escola Galega da Paisaxe (Fundación Juana de Veg)
Idiomas: Castelán/Galego
Prezo: Taxas oficiais UDC/USC.
Nº de prazas: 20
Coordinación: Isabel Aguirre de Urcula (Escuela Gallega del Paisaje), Mª Isabel Iglesias Díaz (USC) y Cristina García Fontán (UDC)
Acreditado pola ACSUG de xeito favorable no curso 2015/2016

Calendario Curso 2016/2017

Acceso

Arquitectos, Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros de Camiños, canais e portos, Biólogos, Xeólogos, Xeógrafos, Enxeñeiros de Minas, ou calquera outra persoa que posúa un título universitario equivalente ás citadas titulacións.

Tamén poderán acceder Enxeñeiros técnicos agrícolas, Enxeñeiros técnicos forestais, Enxeñeiros técnicos de obras públicas, arquitectos técnicos e Enxeñeiros técnicos de minas.

Tamén poderán ser admitidos solicitantes con outras titulacións tras a valoración do seu CV pola Comisión de coordinación interuniversitaria do Máster.

É desexable que os alumnos posúan uns coñecementos mínimos previos no manexo de ferramentas de deseño gráfico.

Obxectivos

O máster ten un carácter académico - profesional, que responde á necesidade de formación de profesionais en arquitectura da paisaxe.

O programa académico abarcará temas de planificación da paisaxe,  análise e deseño de paisaxes urbanas, culturais e da paisaxe en xeral, así como o que se refire á integración das infraestruturas na paisaxe. Da mesma maneira, abordarase a execución e posterior mantemento, xestión, conservación e restauración da paisaxe, tanto público como privado, no medio urbano, rural e forestal.

O máster ten unha estrutura e uns contidos adaptados ás directrices do proxecto europeo Lle-Notre. A súa estrutura contempla todas as sensibilidades e necesidades que se requiren nun tema tan complexo e con tan pouca tradición académica en España.

A finalidade é que o estudante adquira unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, orientada á especialización profesional en Arquitectura da Paisaxe.

Programa

O máster oferta un total de 66 ECTS, dos que se cursará ao menos 63 para a obtención do título.

Profesorado:

Pedro Calaza, Cristina García Fontán Emilio Rodríguez Blanco, Isabel Iglesias Díaz, Manuel Torres Labandeira, Jorge Rodríguez Álvarez, Santiago Lamosa Quinteiro, Dolores Vázquez Castro, Esperanza Álvarez Rodríguez, Rosa Romero Franco, José Antonio Franco Taboada, Evaristo Zás Gómez, Fernando Agrasar, Cándido López, Valeriá Paül Carril, Emilio Díaz Varela, Román Díaz Varela, Jesús Pablo González Vázquez, María Concepción Carreiro Otero, Antonio Rio Vázquez, Juan Caridad, Mario Crecente Maseda, Antonio Rigueiro, Inmaculada Romero Buján, José Luis Martínez Raído, Mercedes Máquez, Adolfo López Fabal, Roque Rodríguez Soalleiro, Manuel Marey, Jesús Conde Garcíam Enma López Bahut, Cristobal Crespo, Carlos Rivera Perede, Antonio Raya de Blas, Ángeles Santos Vázquez, Javier Cancela, Carlos Nardiz Ortiz, Enrique Maciñeira, Manuel Durán Fuentes, Javier Ansorena, Anna Vilarnau, Jesús Collar, Juan Ignacio Prieto, Oscar Pedrós, Sonia Vázquez Díaz, Jorge Piñeiro.

Profesores invitados:

As materias e talleres presenciais contan coa participación de expertos paisaxistas de nivel internacional. En edicións anteriores contamos con: Joao Nunes, Tilman Latz, Belinda Tato, Lisa Mackenzie, Iñaki Alday, Teresa Andersen, Luis Andrés Orive, Jaume Busquets, Paul T Simons, Paola Sangalli, Kenny Fraser, Catherine Mosbach, Timan Latz, Alessandro Caramelino, Jordi Bellmunt ou Robert de Paauw.

Título oficial de

     

Patrocina

     

Mais información

Escola Galega da Paisaxe / Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende, nº 92
15176 San Pedro de Nós (Oleiros) - A Coruña
Telf: 981 65 46 37
Fax: 981 65 20 95

e-mail: Esta dirección de correo electrónico está protesida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder verla
www.escolagalegadapaisaxe.org

 


Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España