Matrícula aberta na USC ata o 15 de septiembre

Se estás a pensar en matricularche no Máster Universitario en Arquitectura del Paisaje Juana de Vega, podes facelo ata o 15 de setembro na Universidade de Santiago de Compostela. Ao tratarse dun máster interuniversitario, a matrícula pode realizarse indistintamente tanto nesta universidade como na Universidade da Coruña. Na Universidade da Coruña, o terceiro e último prazo de inscrición ábrese o 19 de setembro.

As clases do curso 2017/2018 do máster inícianse o 22 de setembro.

Lembra que como formación complementaria ao máster a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega ofrece a posibilidade de cursar o Seminario de grafismo e representación da paisaxe de balde para os matriculados.

Ademais poderás optar a unha das 12 bolsas de matrícula de 1000 €.

Consulta toda a información da nova edición na web.

Para calquera dúbida ou consulta, tesnos á túa disposición en Esta dirección de correo electrónico está protesida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder verla , no teléfono 981.65.43.37 (De 9 a 15 h), ou nas nosas redes sociais: Facebook e twitter (poderás seguir todas a novidade a través do #MasterJdV)

Esperámosvos!

 


< Anterior   Seguinte >

Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España