ImageImage
Image
Image
Obxectivos

O master ten un carácter académico – profesional, que responde a necesidade de formación de profesionais en arquitectura da paisaxe.

O programa académico abarcará temas de planificación da paisaxe,  análise e deseño de paisaxes urbanos, culturais e da paisaxe en xeral, así como o que se refire a integración das infraestruturas na paisaxe. Da mesma maneira, abordarase a execución e posterior mantemento, xestión, conservación e restauración da paisaxe, tanto pública como privada, no medio urbano, rural e forestal.

O master ten unha estrutura e uns contidos adaptados ás directrices do proxecto europeo Le-Notre. A súa estrutura contempla todas as sensibilidades e necesidades que se requiren nun tema tan complexo e con tan pouca tradición académica en España.

A finalidade é que o estudante adquira unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, orientada á especialización profesional na Arquitectura da Paisaxe.

 

Fundación Juana de Vega | Rúa Salvador Allende nº 92 |  C.P.:15176 San Pedro de Nos - Oleiros | A Coruña - España